Documentación do Navegador de Axuda de GNOME

O Navegador de Axuda de GNOME é unha interface ás diversas formas de documentación presentes no seu ordenador, e noutros ordenadores a través de Internet. Este curto documento describe as principais características do Navegador de Axuda de GNOME.

Opcións da Liña de Comandos

Menús

Hai varias entradas de menú do Navegador de Axuda de GNOME localizadas na parte superior da fiestra da aplicación. O seu comportamento debería ser evidente.

Barra de Utilidades

A barra de utilidades ten varios botóns para que usar o Navegador de Axuda sexa máis sinxelo. Os botóns Seguinte e Anterior fan que o navegador vaia para atrás e para diante a través da historia das páxinas que visitou nesta sesión. O botón de Axuda fai aparecer esta axuda. O botón de Historia fai aparecer unha lista cos sitios que visitou, e o botón de Marcas amosa unha lista dos sitios que marcou no pasado.

Caixa de Introducción de URL's

A caixa de entrada permítelle introducir URL's directamente. O Navegador de Axuda recoñece os seguintes tipos estándar e 'máxicos' de URL's:

http:
Acceder documentos usando o protocolo de transferencia HTTP.

Exemplos:
  • http://www.gnome.org
  • http://www.gnome.org/index.shtml
  • http://www.gnome.org/index.shtml#majic
file:
Acceder un ficheiro no sistema local.

Exemplos:
  • file:/home/msf/maji12.html
  • file:/usr/man/man1/ls.1
  • file:/usr/src/gogo/README
whatis:
Facer unha busca de subcadea nos nomes de documentos.

Formas posibles son:
  • whatis:ls
  • whatis:xman
toc:
Cargar unha Táboa de Contidos dos documentos dispoñibles.

Formas posibles son:
  • toc:
  • toc:man
  • toc:info
  • toc:ghelp
man:
Cargar unha páxina de manual.

Exemplos:
  • man:ls
  • man:ls(1)
info:
Cargar unha páxina info de GNU.

Exemplos:
  • info:emacs
  • info:emacs#Top
ghelp:
Cargar a axuda dunha aplicación de GNOME.
NOTA:Aínda non existe moita documentación neste formato.

Exemplos:
  • ghelp:help-browser

Fiestra de Marcas

A fiestra de marcas lista tódalas marcas dispoñibles. Para engadir unha marca, use a opción Engadir Marca no menú Ficheiro.

Fiestra de Historia

A fiestra de historia amosa unha lista de tódolos sitios que foron visitados. Ten unha lonxitude máxima configurable no menú de Propiedades.